jueves, 25 de febrero de 2010

martes, 23 de febrero de 2010

Na procura de Emprego: “Reinserción final”

Sabemos que unha das causas da marxinalidade que presentan as persoas con problemas de drogadicción é a NON integración dentro do ámbito laboral. Na fase denominada G.I.S que presenta Alborada téntase pór en funcionamento esta faceta que moitas veces foi descoidada, para iso comézase cunha charla có titor para determina-las calidades persoais de cada usuario. Nesta charla saen a colación os diferentes traballos desenvolvidos, as capacidades e facilidades de adaptación para desempeñar certo tipo de empregos, os propios coñecementos en diferentes sectores laborais, e sobre todo coñece-las limitacións e as vantaxes que ten cada titorado para poñer en funcionamento diferentes técnicas de procura de emprego.
En primeiro lugar para calquera procura de emprego precisamos de un bo Currículum Vitae ou polo menos que estea ben feito. Despois disto dispomos de diversas vías para atopar emprego: o INEM, as ETTS ou Empresas de Selección de persoal, Colexios profesionais (teñen bolsas de traballo), Contactos persoais, Anuncios en prensa,
Sindicatos… Unha última vía de procura son as “Ofertas de Emprego Público”, isto é:
Emprego da Unión Europea (Oficinas de Info. da comunidade), Emprego na Administración do Estado (BOE, oposicións…), Emprego da Xunta (DOGA…), Emprego Local (taboleiro de anuncios municipais, xornais locais…). Despois sempre che quedan as páxinas amarelas, mandar o teu CV por correo electrónico a diversas empresas, entregalo en man e por último tirando de contactos persoais e amizades.
Temos que ter en conta durante a busca destas ofertas de emprego diversas cousas: saber cal é a empresa que ofrece o traballo, a ocupación concreta que ofrece, os requisitos dos que se predispón (estudos, coche, experiencia…) e algo que tamén é moi importante, as condicións de traballo que ofrece, horario…
Unha vez que teñas estudada a oferta e esteas interesado nela, podes poñerte en contacto con ela das diversas maneiras que dixemos ou mesmo chamando e concertado unha entrevista.